VERTICAL SPRINT MOAÑA 2016

O día 5 de xuño de 2016.
Saída dende Meira (Moaña) e chegada ó cumio do Monte Faro Domaio.
Máximo de 360 corredores.

APÚNTATE!

 5

VERTICAL SPRINT MOAÑA 2016

Consulta os prezos, o regulamento, descarga o cartel, mira o mapa da zona, comproba o listaxe de inscritos..

MÁIS INFO

5

 

CARREIRA

OPEN CARREIRA VERTICAL RÍA DE VIGO – CAMPIONATO GALEGO DE CARREIRA VERTICAL 2016

VERTICAL SPRINT MOAÑA 2016
Data: 5 de xuño de 2016proba cancelada
Hora de comezo: 10:00
Lugar: Meira (Moaña)
Distancia: 3,5 km, 600m desnivel positivo

perfil

Máis info

COMUNICADO – CANCELACIÓN DA PROBA

O Clube de Montaña Xistra informa que, dado o escaso interese en inscrición na proba de carreira vertical (única no calendario federativo de 2016 nesta modalidade) denominada Open Carreira Vertical Ría de Vigo – Vertical Sprint Moaña 2016 –, procédese a anular a citada proba.

Así mesmo, e como consecuencia desta anulación, a celebración do Campionato Galego de Carreira Vertical da Federación Galega de Montañismo, queda en suspenso.

Infórmase ás persoas que estaban inscritas que recibirán a devolución dos seus cartos mediante un abono na propia tarxeta coa que fixeron o pago en championchipnorte.com

Dende o club queremos agradecer os apoios e traballos efectuados por parte de tódolos voluntarios da nosa entidade, así como a gran colaboración e os esforzos recibidos por parte das institucións federativas e civís, en particular ás Comunidades de Montes de Domaio e Meira, pero moi especialmente ó Concello de Moaña.

Os interesados que desexen algunha información poden contactar co club no teléfono 886117011.

Descargar en pdf: COMUNICADO DE ANULACION DA CARREIRA VERTICAL RIA DE VIGO